miércoles, 15 de julio de 2009

AMOR EN SAN XOAN

LIBERDADE con AMOR e FORTALEZA CONSTANTE

AMOR E DOZURA É VIVIR


Pontevedra, ao 20 de xuño de 2009


AMOR EN SAN XOÁN


Como explicarche o senso interno,

Dete amor enteiro que me ateiga,

Xa non sinto un absurdo medo,

Que quebrántame o paz interna,

Acedo, sen piedade nen omisión,

Ao fondo interno do teu lindo sorriso.

Non penas, de favor,

Sorrisos acesos dabondo quixer,

Non quero ser paxaro ferido

Dunha guerra inútil.

Verte a ti, enteira como eres,

Ver a fronte constande de ledicia,

Que comimigo compartes,

Significa para min, o feito de vivir contento.

As veces, cando durmes, fondamente,

Mírote atento e devagar,

Escoito o teu respirar fondo,

E non soño que estou de ti afastado.

Amar canto ti me digas,

Fuxir da dor dura e dos queixumes,

E crear o noso mundo placenteiro.

Amar, día a día, cun senso fondo

Interior de resucitar o tempo perdido,

Ou aquel soño incumplido.

Síntome ledo coa mirada fixa

Na beleza que non asfisia e enamora.

A vida carece de sentido,

Se non queres amar, de vagar,

Como estímulo vital a beleza interior.

Non ten senso a linguaxe inadecuada,

Hai palabras acabadas,

Que algúen, inútilmente,

Fai uso delas.

Ama a beleza enteira,

Ama ao ser amado,

Ama a vida enteira,

Ama os intres delicados,

As postas dun sol vermello e forte,

A Natureza está viva,

E cando a lúa saia,e as estrelillas cintileantes,

Sexan as súas compañeiras nouturnas

Observa a beleza do mar prateado

Que reflexa

A fermosa lúa de verán.

Ama, sempre, para seres amado,

Todo será máis doado,

Espantamos os sinistros verbais

E os queixumes lentos,

Das árbores escuras.

Dame máis vida,

Dame o xeito de vivir con xeito,

Dame senso a miña existencia.

En cada lugar senlleiro,

Hai un gran espazo para amar.

Queimamos a paixón correspondente,

Damos senso ao vivir enteiro,

E non perdemos o tempo para deixarnos de amar.

O amor ten unha dimensión fonda,

Que me fae achegarme aos demáis,

No que o sacrificio é recompensado

Co verbo amar.

Todo ten o correcto senso,

Senso para o amor,

Para esquencer calquera tipo

De doenza social como o odio o xenreira.

Vivo na paz miña interior,

Por eso son home feliz,

Que afronta o perigo

Coa valentía correspondente.

Que ben me sinto a túa beiriña

Trasparente o meu espírtu,

Porque nada teño que agacharte.

Son a fogueira acesa

Bela e fermosa con lapas azúis e amarelas,

Meu amor son a fogueira viva,

Son o lume en movemento,

A noite está fermosa

E a túa rente todo afáiseme máis cálido.

A ti achégome docemente,

Que bonita é estar a túa rentiña.

Mira a lúa chea nesta Noite Fermosa.

A paisaxe pinta diversas cacharelas,

A xente canta e bebe viño,

San Xoan a Noite noitiña,

A Noite de San Xoan,

Comeza o verán querido,

Deséxovos a todos e todas vós,

Moita felicidade intensa,

Que déan sentido o verbo amar,

Por sempre.







Miguel Dubois.

No hay comentarios: