lunes, 10 de septiembre de 2012

PARALÍMPICOS

LIBERDADE con AMOR e FORTALEZA CONSTANTE



                                            Pontevedra,ao 6desetembrode2012




                                                                                          
                                    PARALÍMPICOS

 
  Adico este poema, con lediica, aos ATLETAS  PARALÍMPICOS
  
polo seu SACRIFICIO, FORZA física   e  psíquica. Para min
  foron un AUTÉNTICO  EXEMPLO de total superación!
                          SON EXTRAORDIANRIOS!

:    
:    
:    

   




A súa forza perfecta e concisa,

Precisión constante e  xunguido  sacrificio puro,

O dominio dunha velocidade persistente,

Constancia, constancia e constancia,

Supera ración e superación,

Dominio, atención sacrificio supremo,

Valente loitador de valor extremo,

Vai abrindo, sen descanso algún, os camiños enteiros

Deixando as súas costas o Mundo percorrido,

Ábrese paso polas pistas deportivas de estreitas rúas longas,

Corredores estreitiños ou rúas estreitas,

Ciclón de vento bulindo, corredor cargado de esforzo,

Forza de Eolo extrema, ciclón do potente vento ceibo,

Forza tesón e moito amor compartido, hora a hora,

Ou día tras día, no bo e no malo,

Cun compañeiro acompañante

Guía e laza rillo imprescindible,

Os meus ollos son outra persoa diferente,

Ao que eu son, dono de min,

Que vai dirixindo a súa extraordinaria fortaleza,

Namentres a penumbra  constante,

E a cor negra indesexada,

E o castigo da cegueira extrema,

A cegueira do ser humana,  inaudita,

A perversión total,

Que os meus ollos teñen o non mirar nada,

Namentres a invisibilidade existencia

Fai invisible o que sería visible,

Mais a imaxinación non ten límites mensurables,

Antílope áxil e  veloz da sabana africana e afastada.

Corres polas rúas estreitas dunha pista veloz.

Non hai quen poida coa súa fortaleza constante,

E aínda que algún membro ou extremidade

Me fora amputada, terriblemente.

Teño a forza extraordinaria e necesaria,

Que as miñas carencencias físicas naturais

Ou impostas polos accidentes da vida pasada,

Me designaron; todo o meu poderío interior,

O meu entreno aumento constante e dilixente,

Que persiste ao longo do tempo longo,

Son o froito do meu sacrificio fondo.

Son un atleta atrevido que creo no meu ser,

No meu estar no Mundo enteiro,

De dar toda a miña forza nun acto deportivo,

Nunha carreira longa ou curta,

Nunha cancha de balón cesto,

Nunha fermosa piscina azulada,

Nunha bicicleta de rodas imparables,

En tantos deportes e diversos,

Namentres o estadio inmenso observa as nosas carreiras,

O aplauso quenta o ambiente existente,

Ou nun velódromo alcanzamos velocidades grandiosas,

Aínda que o noso corpo físico este incompleto,

E as cilíndricas rodas fanse ca si invisibles,

Pedalea e máis pedalea cunha perna soia,

Mais compito con toda a miña forza,

A forza constante merecida, ao meu  sacrificio e esforzo,

Que, diariamente, é a miña compañeira constante,

Trabucos moitos a vida me puxo de certo,

Pero saltei os obstáculos diversos da variedade polivalente,

Que a vida ofreceume, de co tío, e aceptei coa miña honra,

Pero souben evitar o inmerecido,

E teño o que eu me reco por grata xustiza ade querida,

O meu interior é un volcán aceso,

Unha fonte de lume inesgotable,

Lapas acesas que me liberan das

Pantasmas do medo que bruía

Polos campos incertos e indefinidos

Onde a verdade era abstracta,

Un medo dominante e perverso

Escuridade sinistra, do habitar

Os mundos va leiros que vou enchendo,

Coma  que foron hermos ou valeiras extensións

Os campos de millo verde,

De constante ilusión e verdade verificada,

Acerto o centro da diana afastada,

Con precisión extrema,

Acerto soñado que acado.

Valga a  pena o esforzo,

Xérmola dunha extensa vitoria,

A semente que prendeu na negra terra,

O esforzo continuo.

Fáltanme brazos ou pernas

E non presumo do que eu non son,

Cando as feiras da beleza mercantil,

Están cheas de modelos absurdas

Que están no cumio vaidoso,

Que os obxectivos das cámaras fotográficas

Recollen na instantánea,

Dos chamados seres escravos da imaxe.

A nós fáltana nos os ollos, non os temos,

Pero somos veloces nas carreiras de velocidade,

Nesa estraña carreira que supón ser a vida enteira

Namentres outras venden a súa imaxe

En absurdos anuncios consumistas,

E terán o cumio monetario

Pero nós carezamos de membros

Ou extremidades, non nos falla

A forza máxima de ser o que somos.

Namentres os que din ser normais,

Cambian a forma da súa faciana,

Ou cambian  a fisionomía do seu corpo,

Pero carecen do sentido pleno

De aceptarse, así mesmo de ser

O que son, porque

Non están contestos

Có que eles son.


                                      Míguela   Dubois  Thenaisie



http://vintedez.blogspot.com.es






http://mundodefisterra.blogspot.com.es




http://mundodesalvorarepublicaindependedomar.blogspot.com.es



http://poetryoftheworld.wordpress.com